17 sept 2010

Novo curso, novas lecturas

Hoxe comeza un novo curso.
Cadre ou non, vai unha proba  de vocabulario como avaliación inicial:
  1. Intenta definir estas palabras:
Hiato. Alguén. Humano. Gheada. Idioma
Doado, verdade?
Agora imos comprobar as definicións neste manual recomendado




Comprobamos:

  • Alguén.- Un ninguén que non sabe pasar desapercibido.
  • Gheada.- Os galegos saben pronunciar moi ben o hache do inglés.
  • Hiato.- Divorcio silábico dun matrimonio vogal.
  • Humano.- Soporte bípedo dun teléfono móbil
  • Idioma.- Palabras que a política converte en batallas
Recorda:
Abelcebú de Carlos Negro, Ed. Positivas
"unha lupa grotesca que nos desvela as vergoñas do mundo, e lle dá a volta ás nosas crenzas e prexuízos como a calcetíns que se botan ao cesto da roupa sucia" (cita de)



Feliz curso 2010-2011! e non te prives do pracer de ler.

No hay comentarios:

Publicar un comentario