Parece que hoxe é un día para celebrar o amor. Non está mal un esforzo económico para agasallar á persoa querida, pero tamén hai outros recursos:
Imaxe |
1.- Acudir á creatividade popular para dicirlle:
Quixera ser unha bágoa túa
para nacer nos teus ollos,
correr polas túas meixelas
e morrer nos teus beizos
(Como ademais non ten xénero marcado, serve para calquera situación)
2.- Apuntarse a iniciativas como:
a) Convocado un flashmob o 14 de febreiro para bicármonos polo galego
martes 1 de febreiro do 2011, por | | | Compartir11 | É posible reconverter unha celebración parva e ao servizo das grandes superficies en algo con contido reivindicativo? Segundo A Mesa, mesmo o vindeiro día 14, o día dos namorados, pode ser unha boa base para reencontrármonos e recomezar calquera labor de mobilización que teñamos entre mans. Falamos do labor de defender a lingua, desta volta salientando non só a vertente cultural e comunicativa do termo, senón tamén a máis presencial. Tal e como nos conta a plataforma galega no seu sitio en Facebook e reflicten medios como Galicia Hoxe, o 14 de febreiro estamos todas e todos chamados a participar nunha xeira de bicos (ás 17 no Toural, en Santiago) para defender, e nunca mellor dito, a lingua.
A campaña, posta en marcha dende o Facebook, está aberta a toda a comunidade internauta e só se esixe un requisito mínimo: levar parella. Con todo, sinala a Mesa, é preferible acudir ao Toural aínda que de xeito individual que ficar na casa, e máis se temos en conta o potencial dun acto reivindicativo coma este para atopar parella. A mobilización, que forma parte de Goza coa túa lingua, inclúe a distribución de logos e recursos gráficos e a estampación de chapiñas e camisetas. O acto, para o que se pide puntualidade, ten feitura de flashmob. Ou sexa, de xuntanza convocada a través de redes sociais e demais servizos tecnolóxicos e dixitais co fin de concorrer nun lugar concreto e facer unha reivindicación rechamante para logo seguir cada participante coa súa vida.
Son moitas e moi variadas as propostas que desde os Equipos de Biblioteca, en colaboración ás veces cos equipos de Normalización Lingüística, se lle están facendo á rapazada co gallo do 14 de febreiro, data que (sendo estritamente comercial) ben se pode mudar nunha oportunidade para atraer ao alumnado á lectura e á escritura. Un modo contundente de recoller os seus intereses a, a partir deles, incentivar máis usos de cultura escrita. Algúns exemplos:
3.- Por último, algo clásico: cancións de amor en francés

- CPI O Progreso (Catoira, Pontevedra): O amor en 10 palabras
- IES Rafael Dieste (A Coruña): O corazón partido (selección poética e xogo de busca)
- IES O Mosteirón (Sada, A Coruña): Certame Amor? Amor!... en 100 palabras
- IES Castro da Uz (As Pontes, A Coruña): V Concurso de Caligramas
- CEIP Andrade (Pontedeume, A Coruña): Lecturas con corazón
- CPI San Vicente (A Baña, A Coruña): Declaracións de amor con humor - I mostra de debuxo: E ti, a quen queres máis?
- IES Poeta Añón (Outes, A Coruña): Cada ovella coa súa parella (amor e cómic)
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): selección poética, MIEL E UN POEMAS DE AMOR
- IES de Fene (Fene, A Coruña): LECTURAS CON AMOR - POEMAS DE AMOR
3.- Por último, algo clásico: cancións de amor en francés
No hay comentarios:
Publicar un comentario