6 jun. 2012

Encontro de contadores de historias


Pontevedra acolle un encontro de contadores de historias Cartel de Sete falares

SETE FALARES CELEBRARASE ENTRE O 8 E O 10 DE XUÑO

Pontevedra acolle un encontro de contadores de historias

 

 Rosana Mont'Alverne, de Brasil, Tim Bowley do Reino Unido, Clara Haddad de Portugal e os galegos Pavis-Pavós, Cándido Pazó, Fina Casalderrey, Charo Pita, Paula Carballeira e Andrea Bayer. Estes son os participantes en Sete falares, o encontro internacional de contadores de historias que se celebra en Pontevedra entre os días 8 e 10 de xuño. Os narradores participantes amosarán as súas habilidades en diferentes lugares da cidade como Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, a Casa das Campás e mesmo nun barco durante un percurso pola Ría. 

Fonte: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21020&soportal=lg3

No hay comentarios:

Publicar un comentario