14 jul 2010
Para seguir lendo... humor
Guía do autostopista galáctico de Douglas Adams, 2.0 Editora (2009). Tradución e notas de Ruth Layús Quiroga
A construción dunha autoestrada hiperespacial desfai o planeta Terra. Arthur Dent, un común, logra salvarse grazas á súa amizade con Ford Prefect, que resultou ser un extraterrestre con aspecto humano; ambos logran introducirse como polisóns nunha nave espacial dos temibles Vogones, malhumorados burócratas de cor verde, cunha terrible propensión á poesía máis brava, pero, cando os descobren, expúlsanos ao espazo. No espazo sobreviven ás máis estrañas aventuras como o curioso encontro cun pirata espacial moi especial. Aparecen singulares personaxes como Marvin, o androide paranoide, tan extraordinariamente intelixente como profundamente depresivo; a Trillian, a moza, único ser humano, ademais de Dent, que logrou salvarse; a unha raza de "hiperintelixentes seres pandimensionais" que adoptaban na terra forma de ratos brancos, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario